jueves, julio 18, 2024
InicioNewsActualidadeMos homenaxea á campioa das Olimpiadas Nacionais de FP de Xestión Hoteleira,...

Mos homenaxea á campioa das Olimpiadas Nacionais de FP de Xestión Hoteleira, Laura Pereira Ramilo

Esta xove veciña da parroquia de Cela, participará en setembro no Mundial, para o que xa se atopa adestrando por videoconferencia co seu profesor, Roi Álvarez, pois ela está actualmente a traballar en Barcelona.


A mosense de 21 anos e natural da parroquia de Cela, Laura Pereira Ramilo, foi recibida hoxe procedente de Barcelona e tras uns días de descanso xunto á súa familia, pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente de alcaldesa, Camilo Grandal, e demais membros da Corporación Municipal. O motivo do acto de recepción, celebrado no salón de sesións da Casa Consistorial, foi felicitala e homenaxeala pola victoria que obtivo o pasado mes de abril nas Olimpiadas Nacionais de Formación Profesional, Spainskills.


Tras a competición celebrada en Madrid, Laura marchou a traballar á Cidade Condal, e regresou agora uns poucos días a Mos para descansar e compartir cos seus familiares e amigos, para voltar esta mesma tarde a Bacelona e continuar a súa tarefa profesional no hotel de 4 estrelas da cadea Barceló no que está a traballar.


Laura Pereira estivo o pasado mes de abril en Madrid representando a Mos nas Olimpiadas Nacionais de Formación Profesional, na especialidade de Xestión Hoteleira/Recepción Turística e logrou a medalla de ouro.


Xa o pasado 27 de outubro de 2023 en Silleda fora tamén gañadora do 7º Campionato Galego de Formación Profesional, Galiciaskills, e de ahí saiu elixida como representante para as Olimpiadas Nacionais.


O reto de Laura non acaba no logro nacional acadado en abril en Madrid, agora atópase xa adestrando para o Campionato Mundial, que segundo ela mesma explicou esta mañá “terá lugar do 8 ao 15 de setembro en Lyon, Francia, e estouno preparando a través de videochamadas co meu profesor”. De cara ao Mundial do próximo mes de setembro asegura que voltará “a traballar duro outra vez”. Laura quixo destacar e poñer en valor tamén o papel e o labor do seu titor e profesor no CIFP Manuel Antonio, Roi Álvarez.


Pereira Ramilo, quen apunta como o seu soño profesional poder ser directora dun hotel, destaca que “sempre souben que quería estudar Formación Profesional e descartaba a Universidade, tiña claro que quería formarme en algo relacionado co turismo porque me encanta a atención persoal, o contacto co público e me considero unha persoa moi sociable e empática”. Así mesmo asegura que “a preparación para estas Olimpiadas é dura e intensa, sempre compaxinándoa cos estudos, as prácticas ou o traballo”. Deste xeito Laura adéstrase en chegadas e saídas de clientes, custes, reseñas e redes sociais… etc. para poder levar á cabo á perfección as probas que realiza nestas competicións e que xa a levaron a acadar as medallas de ouro autonómica e nacional.


Laura estudou Primaria no CEIP Atín-Cela a ESO e Bacharelato no IES de Mos e o FP
Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos no CIFP Manuel Antonio de Vigo.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES