jueves, julio 18, 2024
InicioNewsActualidadeGalicia é a Comunidade coa interinidade docente máis baixa de España

Galicia é a Comunidade coa interinidade docente máis baixa de España

Así o lembrou o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez

O titular do departamento educativo da Xunta visitou algunhas das sedes das oposicións do ensino e destacou a aposta da Xunta pola estabilidade docente. Así, desde 2009 a Xunta convocou máis de 18.500 prazas nas oposicións de educación. Coas 1.743 prazas convocadas para as oposicións deste ano, ás que se presentaron un total de 21.230 aspirantes, preténdese seguir avanzando na estabilidade e renovación do profesorado.

O conselleiro lembrou que Galicia é desde hai tempo a Comunidade coa interinidade docente máis baixa de España. En concreto, a interinidade estrutural docente en Galicia está por debaixo do 5%, “moi por debaixo do 8% que esixe o Goberno central e da media estatal, que está por riba do 24%”, afirmou.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES