miércoles, octubre 23, 2024
InicioNewsActualidadeO Congreso insta ao Goberno a anular a concesión da AP-9 e...

O Congreso insta ao Goberno a anular a concesión da AP-9 e que sexa gratuíta

O Congreso dos Deputados aprobouno por maioría coa abstención do PSOE e o único voto en contra de VOX

Foi mediante unha moción presentada polo BNG e que o PP apoiou cunha lixeira enmenda para que o texto a debater fose idéntico ao aprobado fai un mes no Parlamento Galego, nesa ocasició por populares, nacionalistas e tamén socialistas, os mesmos que en Madrid, agora, se abstiveron.

O PPdeG critica a falta de compromiso e as contradicións do PSOE coa transferencia da AP-9. «O partido de Sánchez abstívose nunha votación que recollía mesmos acordos que si apoiaron no Parlamento de Galicia, din unha cousa en Santiago e votan a contraria en Madrid”. O deputado galego e vicepresidente segundo da Comisión de Transportes e Mobilidade Sostible do Congreso, Celso Delgado recorda que “o propio líder do PSOE en Galicia, e de conformidade co Goberno de España, comprometía na campaña electoral das autonómicas a gratuidade da AP-9”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS