jueves, julio 18, 2024
InicioNewsActualidadeEscolares coñecen o funcionamento da administración pública da man do conselleiro de...

Escolares coñecen o funcionamento da administración pública da man do conselleiro de Facenda

O alumnado do CEIP Monte dos Postes e os seus mestres puideron visitar algunhas das principais dependencias do edificio da Xunta, como a sala de Consello, e aprender sobre diversos procedementos e xestións administrativas que se desenvolven a diario

Miguel Corgos participou este venres na xornada de portas abertas para alumnado de Primaria que tivo lugar durante a mañá no Edificio Administrativo de San Caetano, con motivo da celebración da Semana do Goberno Aberto.

Os estudantes puideron tamén participar nunha charla co conselleiro de Facenda e Administración Pública sobre a estrutura e funcionamento da Comunidade Autónoma, así como sobre o xeito de organizar os orzamentos. Miguel Corgos respondeu despois as preguntas dos rapaces, que mostraron, por exemplo, o seu interese polas medidas da Xunta para incrementar o deporte federado feminino, xa que, actualmente, unha de cada catro licenzas que hai en Galicia son femininas.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES