miércoles, octubre 23, 2024
InicioNewsO PaísA Xunta mellora os servizos ás persoas retornadas coa apertura de novas...

A Xunta mellora os servizos ás persoas retornadas coa apertura de novas instalacións

No marco da Semana da Administración Aberta, a Xunta mostrou este venres á cidadanía a nova sede reformada da Secretaría Xeral da Emigración e a Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento de Retorno de Mazarelos, en Santiago de Compostela, unhas melloras nas que investiu 1,8 millóns de euros.

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, e a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, puxeron en valor as novas instalacións nunha xornada de portas abertas nas que a cidadanía poido explorar os centros recentemente rehabilitados e coñecer de primeira man os servizos dispoñibles e que se veñen de mellorar.

«Queremos facerlles aos emigrantes que desexen retornar o mellor posible o seu camiño de volta,» afirmou o conselleiro.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS