sábado, julio 27, 2024
InicioNewsActualidadeArde unha vivenda por completo en Becerreá

Arde unha vivenda por completo en Becerreá

A Garda Civil informou ao 112 Galicia do suceso pasadas xa as 08.30 horas da mañá deste luns. Tal como indicaron, unha casa situada na parroquia de Bando estaba ardendo, con posibilidade de que o lume se estendese a uns alpendres próximos ao inmoble.

Decontado, desde a Sala de Operacións do 112 Galicia pasouse o aviso aos Bombeiros de Sarria, que se desprazaron ata o lugar.

Unha vez alí, os membros do parque de Bombeiros de Sarria explicaron que tiñan o incendio controlado e que ían permanecer no punto para arrefriar. Sen embargo, a casa chegou a arder completamente e o teito acabou colapsando, sen que se puidesen esclarecer polo momento as causas que orixinaron o incendio.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES