sábado, julio 27, 2024
InicioOcio e deporteGastronomía41 locais de Ourense ofrecerán pinchos de entre 2,5 e 3,5 euros

41 locais de Ourense ofrecerán pinchos de entre 2,5 e 3,5 euros

Escoita as intervencións na rolda de prensa de presentación desta iniciativa, á que asistiron concelleira de Turismo, Noa Rouco; o presidente da Unión de Hostaleiros de Ourense, Javier Outomuro e representantes das empresas e entidades colaboradoras (Asociación de Celíacos de Galicia, CRDO Ribeiro, Aceites Abril, Hijos de Rivera, Coren e Grupo Cuevas).

Participan nesta edición un total de 41 establecementos repartidos por toda a cidade, deles 14 fano na categoría de Pincho Celíaco e serán asesorados pola Asociación de Celíacos de Galicia. Aínda que a Zona Histórica segue a ser a parte da cidade na que se sitúan a maioría dos participantes, O Couto emerxe como alternativa con catro locais no concurso. En tendencias culinarias, o porco segue a ser o ingrediente estrela, aínda que tamén se ofrecerán propostas que se decantan polos ovos de paspallás, os afumados, os queixos ou o peixe.

Final e premios

A final profesional do concurso celebrarase o día 10 de xuño pola tarde no Centro Comercial Ponte Vella, nun acto aberto ao público xeral. Un xurado de aproximación que visitará todos os locais durante o concurso escollerá os oito pinchos finalistas. Estes cociñaranse durante a final ante un xurado profesional, formado por persoas recoñecidas e especialistas do sector da hostalaría ou gastronomía, que os degustará e concederá os seus premios.

Os premios do concurso serán un ano máis os seguintes: 1º, 2º e 3º premio do Xurado Profesional; un accésit do Xurado Profesional ao pincho máis creativo; un premio do Público
e un premio Pincho Celíaco.

O público decidirá o seu premio cubrindo as papeletas de votación con 3 selos de 3 establecementos distintos co nome do seu pincho favorito, de xeito que o gañador será o que reciba máis votos.

Consulta a listaxe de establecementos, pinchos e toda a información desta iniciativa en saboresdeourense.turismodeourense.gal

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES