lunes, mayo 20, 2024
InicioConcellos +ArboRescatado do Miño o cadáver dun home de idade avanzada en Arbo

Rescatado do Miño o cadáver dun home de idade avanzada en Arbo

Un home de avanzada idade foi localizado sen vida nas últimas horas nun illote no río Miño, no municipio de Arbo.

Fora un familiar seu que alertara de que o home faltaba desde primeira hora da tarde deste mércores, cando saíu do seu domicilio para dirixirse cun tractor a unha leira pegada ao río, onde adoitaba pescar, na parroquia de Cequeliños.

A alerta recibiuna o 112 sobre as 22.50 horas, ao non chegar o home a casa. Alertouse do caso a Urxencias Sanitarias-061, á Garda Civil, ao GES de Ponteareas e ao Servizo de Gardacostas de Galicia.

A Garda Civil encargouse de coordinar o operativo de procura, que localizou ao falecido nun illote no medio do río Miño. Ante as dificultades para un rescate acuático debido as fortes correntes do río, Gardacostas mobilizou o helicóptero Pesca I, que se encargou das tarefas de recuperación do corpo.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES