lunes, mayo 20, 2024
InicioComarcasÁrea de VigoEsclarecido o caso do anaco de dedo atopado no chan dunha cafetería...

Esclarecido o caso do anaco de dedo atopado no chan dunha cafetería de Redondela

A Policía Nacional localizou ao dono, que o perdera días atrás nun accidente laboral.

Segundo explicou a súa muller, logo de ser intervido de urxencia no hospital, volveron á nave onde tivera lugar o suceso e atoparon o anaco do polgar, envolvérono nun pano e gardárono no peto.

Días despois, foron almorzar a esta cafetería-panadería situada en pleno centro da vila dos viadutos e caeulle sen decatarse, de aí que os empregados do local o atopasen no momento en que barreron o chan.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES