lunes, octubre 14, 2024
InicioNewsO PaísO BNG levará ao Parlamento unha Lei do Viño

O BNG levará ao Parlamento unha Lei do Viño

Ana Pontón avanzou que o obxectivo é apoiar aos produtores e ás produtoras e dar ao sector o impulso que precisa.

O proxecto de lei no que traballa o BNG formará parte dunha batería de iniciativas en defensa dun sector “clave para o desenvolvemento do rural” pola súa capacidade “para xerar riqueza e emprego, para fixar poboación e para preservar o territorio”, asegurou Pontón, quen avogou por un novo marco legal que apoie a produción vitivinícola e fomente os procesos de innovación, industrialización e comercialización do viño.

A portavoz nacional fixo estas declaracións durante a celebración da XXXI Feira do Viño de Vilachá, na Pobra do Brollón, cita na que destacou a excelente calidade dos caldos da Ribeira Sacra.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS