lunes, noviembre 11, 2024
InicioNewsActualidadeO Concello de Ponteareas habilita espazos de aparcamento rápido para os usuarios...

O Concello de Ponteareas habilita espazos de aparcamento rápido para os usuarios e usuarias das farmacias

Están instalados nos establecementos da Av. de Galicia, Av. de Castelao e Rúa Redondela

A medida está pensada para mellorar á accesibilidade ás boticas con difícil estacionamento e, sobre todo, para dar prioridade aos casos de urxencia

O Concello , a través da Concellería de Tráfico e Seguridade, instalou esta semana zonas de aparcamento prioritario para a recollida de medicamentos nas farmacias da Rúa Redondela, Avenida de Galicia e Avenida de Castelao, facilitando a accesibilidade naqueles puntos onde había maior problemática nesta materia.

A medida chega coa intención de axilizar a adquisición das medicinas, sobre todo naqueles casos que veñen derivados das urxencias. Permítese o estacionamento unicamente nun máximo de 5 minutos, tempo considerado suficiente para o propósito. En ningún caso estará permitido exceder ese período.

As zonas de estacionamento prioritario son perfectamente visibles grazas á súa sinalización mediante liñas verdes no asfalto e sinais de tráfico que as identifican. Neste sentido, o concelleiro encargado da área apunta que “estamos ante un servizo esencial, xa que se mellora a accesibilidade dunha actividade tan importante para todos e todas como é o acceso ás farmacias”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS