lunes, abril 29, 2024
InicioNewsActualidadeComezan as obras de reconstrución da ponte sobre o regato Fonte do...

Comezan as obras de reconstrución da ponte sobre o regato Fonte do Febreiro en Paramos, Tui

Suporán un investimento de 48 mil euros e o prazo de execución é
dun mes

Comezan hoxe as obras reconstrución da ponte sobre o regato Fonte do Febreiro, en Paramos, que se vira afectada polas intensas choivas de xaneiro de 2023.


Debido ao comezo das obras a partir de mañá a ponte estará cortada completamente. Dende hai un ano está cortado o tráfico rodado e a partir de mañá tamén o tránsito peonil.


As obras foron adxudicadas á empresa Servicios Medioambientales del Miño S.L. por un importe de 48.188, 24€, financiado ao abeiro das Subvencións para a reparación dos danos causados polas inundacións sucedidas nos concellos da provincia de Pontevedra da Deputación de Pontevedra. O prazo de execución estímase nun mes.


Esta ponte sobre o regato Fonte do Febreiro está situada en plena senda PRG-19 entre Tui e Caldelas, polo que as persoas que durante as próximas semana camiñen pola senda, neste punto deberán empregar rutas alternativas para continuar.


Por outra parte vén de ser adxudicada á empresa COVSA a obra de construcción da nova ponte sobre o río Cotarel que une as parroquias de Randufe e Pazos de Reis.




ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES