lunes, abril 29, 2024
InicioNewsActualidadeO Porriño impulsa de novo o programa de actividades "Do libro ás...

O Porriño impulsa de novo o programa de actividades «Do libro ás letras» que enlaza o Día do Libro e o Día das Letras Galegas

Hoxe celebrouse a primeira quenda do Club de Lectura con Ana Abad de Larriva como coordinadora

O club de lectura da Biblioteca Municipal do Porriño volve celebrar este ano o Día do Libro e o Día das Letras Galegas dun xeito moi especial: con varias actividades en aberto que enlazarán as dúas festividades, a do 23 de abril e a do 17 de maio, nun programa que leva como título Do Libro ás Letras.


Calquera persoa interesada está convidada a unirse ao club de lectura os luns 15 e 29
de abril e 13 de maio na biblioteca, en horario de 18.00 a 19.30 horas, nuns encontros
especiais que porán en valor tanto os libros como a riqueza do mundo das letras.


Neles, “as persoas asistentes poderán participar e compartir o amor polos libros a
través de lecturas conxuntas, recomendacións, xogos e retos literarios, así como
coloquios arredor de anécdotas e inquedanzas relacionadas co mundo das letras, e
achegaranse tamén á figura e á obra da autora homenaxeada este ano no Día das
Letras Galegas, Luísa Villalta», explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, que hoxe se
compartiu un ratiño co Club de Lectura.


O club de lectura volve celebrar en 2024 este programa especial de actividades, que
complementa os seus encontros regulares e que se abre a calquera persoa interesada
en participar nel. Do Libro ás Letras está organizado pola Biblioteca Municipal e a
coordinadora do club, Ana Abad de Larriva, en colaboración coas participantes, e tivo
xa moi boa acollida en anos anteriores.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES