sábado, abril 27, 2024
InicioNewsActualidadeAs administracións tecen lazos para axudar a conciliar en Semana Santa

As administracións tecen lazos para axudar a conciliar en Semana Santa

A Xunta de Galicia colabora cos concellos no marco das accións do Plan Corresponsables coas que busca apoiar ás familias, avanzar na corresponsabilidade, xerar emprego e dinamizar o rural

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, visitou este mércores o centro escolar A Sangriña, onde o Concello da Guarda está a celebrar, co apoio da Xunta, a actividade Concilia Semana Santa na que toman parte nenas e nenos de entre tres e dez anos deste municipio.

En colaboración con entidades e concellos, entre eles o da Guarda, estanse a habilitar servizos de coidado profesional para que os rapaces poidan aprender e divertirse ao tempo que permite aos pais e nais a conciliación da vida, persoal, laboral e familiar.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES