sábado, abril 27, 2024
InicioNewsComarcasRouban nunha semana 50 tapas de sumidoiros en Mos

Rouban nunha semana 50 tapas de sumidoiros en Mos

O Concello xa procedeu a súa reposición e a Garda Civil investiga os feitos

O tenente alcalde do Concello de Mos e concelleiro de Obra Pública, Camilo Grandal, e o edil mosense de Servizos Públicos, Baldomero Lorenzo, informaron que os roubos das devanditas tapas producíronse en catro zonas diferentes: na Estrada Puxeiros-Peinador ao seu paso pola parroquia de Torroso, na Avenida de Sanguiñeda, na Estrada Santiaguiño-Os Valos e na Estrada das Baloutas, preto xa do Alto de Barreiro.
Os representantes municipais explicaron que xa se atopa interposta a pertinente denuncia perante a Garda Civil, que está a investigar os sucesos. Así mesmo os concelleiros lamentan que se estean a producir “estes feitos que provocaron a desaparición de medio cento de tapas de pluviais e sumidoiros en vías municipais, unha perda valorada alomenos 2.000 euros”, apuntaron mentres supervisaban esta mañá en Torroso varias das tapas repostas na Estrada das Baloutas.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES