jueves, mayo 9, 2024
InicioConcellos +ArboNace un Club de Produto para a promoción turística da lamprea

Nace un Club de Produto para a promoción turística da lamprea

A Deputación de Pontevedra traballa na súa creación co obxectivo de xerar sinerxías entre os diversos operadores económicos do Condado-Paradanta, e poñer en marcha actividades para promocionar esta referencia gastronómica do sur da provincia como recurso turístico sostible.

Cun orzamento máximo de 102.118 euros, este club permitirá revalorizar a lamprea, a súa cadea de valor e a súa condición como produto destacado nesta comarca pontevedresa. As empresas interesadas en desenvolver o contrato poderán presentar as súas ofertas ata o 26 de marzo.

O proxecto, enmarcado dentro do Plan de Sostibilidade Turística en Destino (PSTD) de Condado-Paradanta desenvolverase nos concellos da Cañiza, As Neves, Arbo, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz-Balneario, Ponteareas, Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño. O contrato comprenderá dúas fases: unha primeira de estudo e análise e unha segunda de implementación e posta en marcha do Club de Produto da Lamprea.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES