lunes, mayo 20, 2024
InicioNewsActualidadeConstituída a XII Lexislatura do Parlamento de Galicia

Constituída a XII Lexislatura do Parlamento de Galicia

Finalmente o BNG cede un posto na Mesa ao PSOE

O Parlamento de Galicia celebrou esta mañá a sesión constitutiva da XII Lexislatura da Cámara. O acto comezou coa constitución da Mesa da Idade, a elección da Mesa da Cámara para a Lexislatura que comeza e a prestación e promesa ou xuramento, por parte de todos os deputados e deputadas, de acatar e gardar fidelidade á Constitución Española e ao Estatuto de Autonomía de Galicia.

A composición da Mesa do Parlamento de Galicia é a seguinte: repite como presidente Miguel Ángel Santalices, do PP de Ourense; xunto a el a deputada do PP de Lugo, Elenena Candia, como vicepresidenta primeira; Ethel Vázquez, que deixa a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para ocupar o posto de secretaria; tamén Montse Prado, do BNG, repite como vicepresidenta segunda e o posto de vicesecretaría foi finalmente para o PSOE, ocupándoo a deputada pola Coruña, Patricia Iglesias.

Antes de rematar o acto, o presidente da Cámara da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira, reiterou o seu cariño á institución parlamentaria e fixo un chamamento á altura de miras de deputadas e deputados. Santalices amosou o seu desexo de que o conxunto de deputadas e deputadas logren, nesta Lexislatura, “estar á altura da confianza» que lles foi outorgada pola cidadanía nas urnas e compartiu unha arela: “a paz; acabar coas guerras, que só traen sufrimento e descalabro».

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES