miércoles, mayo 8, 2024
InicioA terraMedio AmbienteNova partida de 600.000 euros para a prevención de incendios forestais

Nova partida de 600.000 euros para a prevención de incendios forestais

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asinou este martes co conselleiro de Medio Rural, José González, un protocolo de colaboración para a prevención e defensa contra os incendios forestais.

Un acordo a través do cal a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia achegan 300.000 euros cada unha para ratificar o compromiso compartido na loita contra o lume e para realizar actuacións conxuntas dirixidas ao mantemento e conservación das infraestruturas preventivas e da contorna agroforestal dotando de medios materiais aos concellos da provincia.

Trátase do primeiro convenio deste tipo asinado entre a Deputación e a Xunta de Galicia e o presidente López destacou que “os concellos serán os beneficiarios desta medida”.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES