sábado, abril 27, 2024
InicioO PaísLugoDous anos e medio de cárcere para un pai por abusar sexualmente...

Dous anos e medio de cárcere para un pai por abusar sexualmente da súa filla

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) rebaixou en seis meses -de tres anos a dous anos e medio- de cárcere a pena imposta pola Audiencia Provincial de Lugo a un pai por abusar sexualmente da súa filla en varias ocasións en 2019, ano no que a vítima cumpriu 16 anos.

Os maxistrados indican na sentenza que a pena imposta “foi motivada pola Sala de instancia en atención ao número de episodios ocorridos, circunstancia que por si mesma integra a continuidade delituosa”, polo que entende que, ao non destacarse “concretas razóns que xustifiquen a exasperación punitiva”, procede a imposición de dous anos e medio de cárcere. Así, salienta que, “desde esa consideración e sen que flúan do relato de feitos probados elementos que xustifiquen ese incremento da pena, parece máis axustado ao principio de proporcionalidade coa gravidade da conduta a imposición da pena de dous anos, seis meses e un día de prisión”.

Os xuíces rexeitan na sentenza a tese defendida pola defensa de que a declaración da vítima non se axustase á realidade. Así, destacan que “a mesma foi ponderada pola Sala de instancia sobre as pautas que xurisprudencialmente se consideran en orde a razoar sobre a credibilidade do testemuño da vítima cando é a principal proba de cargo”. O TSXG conclúe que esa valoración é “axustada a regras de normal experiencia”, á vez que sinala que “se antolla lóxica e coherente”. Por iso, conclúe que “non hai razóns que xustifiquen o erro padecido pola Sala de instancia á hora de valorar o testemuño da vítima”.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES