lunes, mayo 20, 2024
InicioA terraMedio AmbienteA tempada de pesca en Galicia inicíase o 17 de marzo

A tempada de pesca en Galicia inicíase o 17 de marzo

A captura en augas continentais prolongarase ata o 31 de xullo

No caso do salmón, o período hábil para exercer a actividade irá do 1 de maio ao 31 de xullo, aínda que poderá acurtarse en función da cota de capturas
En canto á pesca do reo, iniciarase tamén o 1 de maio e rematará o 31 de xullo, prolongándose en determinadas masas de auga ata finais de setembro, mentres que a captura da troita comezará xa o 17 de marzo e estenderase no caso dos coutos conveniados ata o 30 de setembro na modalidade de pesca sen morte
Decláranse os luns como días inhábiles, agás os festivos nacionais ou autonómicos, e os xoves non festivos só se poderá practicar a pesca sen morte.

Toda a información pode consultarse na orde anual publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES