viernes, mayo 3, 2024
InicioA terraA nosa cultura“Rosalía, a súa casiña, o meu lar” chegará a 35 colexios

“Rosalía, a súa casiña, o meu lar” chegará a 35 colexios

A Deputación de Pontevedra abre este venres 9 de febreiro o prazo para que ata 35 centros educativos da provincia poidan participar neste programa, impulsado pola institución provincial en colaboración coa Fundación Rosalía de Castro

Trátase dunha iniciativa para que o alumnado da provincia de Pontevedra coñeza a riqueza cultural da colección da Casa- Museo de Rosalía en Padrón, o intenso labor que desenvolve e se achegue á figura e legado da autora.

Os colexios interesados deberán concertar as visitas co Departamento de Educación da Casa-Museo a través do correo fundacion@rosaliadecastro.gal ou do teléfono 981 811 204. Unha vez acordada a cita, terán que presentar a súa solicitude a través da Sede Electrónica da Deputación, con prazo ata o 1 de decembro de 2024, sempre cun mínimo de 20 días naturais de antelación á data de realización.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES