miércoles, mayo 8, 2024
InicioA terraA nosa culturaPorriño acende o seu entroido

Porriño acende o seu entroido

Por primeira vez decórase a vila con luminarias que serán prendidas pola cativada gañadora do Concurso Escolar de Carteis do Entroido

No Porriño xa está todo listo para dar a benvida ao entroido e desta vez dunha maneira moi especial: co acendido das primeiras Luces de Entroido que dará paso a unha semana de festas con propostas para todas as idades, música, animación moita cor e ritmo. Será mañá mércores, ás 19.00 horas, na praza Arquitecto Antonio Palacios e os encargados de premer o botón serán os nenos e nenas gañadores do Concurso de Carteis de Entroido, Carmen –a autora do cartel do Entroido 24-, Lucas, Xiana, Mara, Carla, Naira, Xabier, Johan e Icía.

Esta mañá presentouse a programación nun acto no que ademais da cativada tamén estiveron os usuarios e usuarias de Afaga no Porriño, encargados de ler o pregón, o vindeiro sábado ás 12.00 horas.

Toda a programación, e de xeito actualizada, en www.ecultura.net

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES