lunes, mayo 6, 2024
InicioNewsActualidadeRetiradas xa 2,8 toneladas de pellets das praias galegas

Retiradas xa 2,8 toneladas de pellets das praias galegas

O dispositivo despregado pola Xunta nas praias e no mar para a recollida dos pellets perdidos polo mercante Toconao en augas portuguesas permitiu recuperar ata o momento preto de 2.800 quilos deste material, o equivalente 111 sacos. A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, fixo balance dos resultados obtidos ata a xornada de onte e salientou que desde o 10 de xaneiro tamén se retiraron dos areais máis de 6.000 quilos doutros plásticos asimilables a residuos urbanos.

O dispositivo despregado polo Executivo autonómico por terra está conformado hoxe por máis de 400 persoas que traballan en 58 areais de 28 concellos mentres que por mar están mobilizados dous helicópteros e un total de 15 embarcacións.

O comité científico da comunidade especializado en plásticos constituirase o vindeiro venres e estará formado inicialmente por 17 expertos de 11 entidades entre as que se inclúen as universidades galegas, distintos centros de investigación do medio mariño ou organizacións medioambientais.

A Administración galega remitiu onte á Fiscalía un informe xeral e completo sobre a situación do episodio dos pellets na comunidade e dos pasos dados desde o primeiro momento na súa xestión.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES