domingo, mayo 19, 2024
InicioNewsA RaiaA Xunta constata que a recollida de sacos de pellets en alta...

A Xunta constata que a recollida de sacos de pellets en alta mar é posible

Susténtase na recuperación dun no Grove e outro en Camariñas e insta ao Goberno Central a que mobilice os medios solicitados

A Xunta de Galicia instou ao Goberno central a que actúe canto antes e poña os seus medios marítimos a rastrexar a costa galega para recoller os sacos de pellets perdidos polo mercante Toconao en augas portuguesas, unha vez que a recuperación dun deles nun polígono bateeiro do Grove e doutro en Camariñas constatan que é posible e factible realizar esta operación.

O Executivo galego celebrou, estes xoves, unha nova reunión do Plan Territorial de Continxencias por Contaminación Mariña Accidental de Galicia (Camgal) para analizar a situación do episodio e coordinar os traballos na que participaron a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o conselleiro do Mar, Alfonso Villares. A maiores, nesta ocasión estiveron presentes o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alberto Varela, e o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, xunto con dous técnicos, para reforzar a colaboración entre administracións ao tratarse dun asunto de interese xeral.

A Xunta trasladou ao representante do Executivo nacional a necesidade de que mobilice os seus medios con celeridade para minimizar na medida do posible a chegada de residuos plásticos ás praias nos próximos días. “É moi importante rescatar os sacos que poidan estar flotando pois segue habéndoos cheos e hai que evitar que rompan e se espallen os pellets por todo litoral”, incidiu Ángeles Vázquez á vez que salientou que, nos últimos días, o persoal mobilizado polo Goberno galego recuperou o equivalente a 42 sacos. O dispositivo de limpeza despregado pola Administración autonómica está formado por preto de 300 efectivos que traballaron este xoves en 40 areais de 30 concellos.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES