lunes, mayo 20, 2024
InicioNewsComarcasAdxudicado o contrato para a construción de 20 vivendas de promoción pública...

Adxudicado o contrato para a construción de 20 vivendas de promoción pública en Mos

O trámite, publicado na plataforma de contratos de Galicia, supón un investimento de preto de 160.000 euros

A Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), formalizou o contrato do servizo de redacción de proxecto e dirección de obra para a construción de 20 vivendas de promoción pública (VPP) na parcela 702 do polígono 52 do Plan Parcial de San Eleuterio, no concello de Mos. O trámite, publicado na plataforma de contratos de Galicia, supón un investimento de preto de 160.000 euros.     

O contrato deste servizo busca redactar o proxecto para levantar 20 VPP e os correspondentes rochos e prazas de garaxe no barrio de San Eleuterio-Tameiga.

Esta actuación a cargo do IGVS enmárcase na Estratexia para a promoción de vivenda pública e o impulso da vivenda protexida, aprobada polo Consello o pasado mes de marzo e que se marca como obxectivo principal incrementar nun 50% o actual parque público residencial de Galicia ata alcanzar as 5.600 vivendas no ano 2026.

A tal fin, xa están en licitación ou construción un total de 375 vivendas públicas nas cidades de Vigo, Pontevedra, A Coruña e Santiago cun investimento estimado de máis de 76 millóns de euros e outras 395, entre as que se inclúen estas de atópanse en fase de redacción de proxecto.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES