jueves, mayo 2, 2024
InicioNewsComarcasSalvaterra organiza un concurso de escaparates de Nadal

Salvaterra organiza un concurso de escaparates de Nadal

Con motivo da chegada do Nadal o Concello de Salvaterra de Miño lanza un
concurso de escaparates de Nadal para os establecementos e comercios da vila.
A través deste concurso preténdese fomentar o espíritu destas datas e
promocionar o noso comercio. De esta forma o Concello porá en valor a oferta
comercial de Salvaterra de Miño.

Os establecementos interesados deberán inscribirse dende o 4 e ata o 11 de
decembro no correo comunicacion@concellodesalvaterra.org onde indicarán os
seus datos para a participación no concurso. Unha vez feitas as inscricións
procederase a facer instantáneas de tódolos escaparates que participen e que se
subirán ás redes sociais do Concello de Salvaterra de Miño (Instagram e
Facebook).

O gañador será o que maior número de Me Gustas consiga entre as dúas redes
sociais unha vez finalice o concurso o 7 de xaneiro, ó día seguinte publicarase o
comercio gañador. O premio estará composto por dúas entradas para o Museo
da Ciencia do Viño, dúas entradas para o Espazo Lúdico Termal de Teáns-Oleiros
e unha comida para dúas persoas nun restaurante do noso municipio.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES