sábado, julio 27, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoControlado o brote de lexionela na Guarda e O Rosal

Controlado o brote de lexionela na Guarda e O Rosal

Nove casos detectados do brote de lexionela que afectou a veciños dos concellos da Guarda e O Rosal; oito ao primeiro e un ao segundo. Tres recibiron o alta e as outras seis persoas permanecen ingresadas, unha delas na UCI, aínda que estabilizada dentro da gravidade.

A orixe do brote é descoñecido aínda logo de que as mostras da auga de traída das zonas onde residen as persoas afectadas, así como do domicilio de cinco deles, deron un resultado negativo.

Esta bacteria crece en auga con temperaturas entre os 20 e os 45 graos, como adoita estar nas duchas, aínda que está presente dunha maneira natural en ríos, lagos, encoros, pozos, depósitos e mananciais. Iso si, non se transmite nin por beber auga nin por inxerir alimentos. Ata o momento non se puido determinar se hai unha orixe común para os 9 casos, aínda que días atrás localizáranse casos entre veciños de Caminha e Vila Praia de Ancora.

A Xunta e os concellos da Guarda e O Rosal distribuíron entre os seus veciños unhas recomendacións sanitarias para mitigar o foco de lexionela: Limpar tubaxes, billas e duchas que poidan estar en mal estado, así como revisar e realizar o mantemento das canalizacións e os quentadores.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES