miércoles, julio 17, 2024
InicioNewsSucesosUn taxista do Morrazo de 65 anos detido por agresión sexual a...

Un taxista do Morrazo de 65 anos detido por agresión sexual a menores

A Garda Civil de Cangas do Morrazo detivo a un taxista da comarca, de 65 anos, como presunto autor de dous delitos de agresión sexual a menores.

A investigación iniciouse pola denuncia presentada no Cuartel da Garda Civil de Cangas. Unha menor relatou unha presunta agresión sexual ocorrida no interior dun taxi,no que se trasladaba de madrugada desde Cangas ao seu domicilio en Moaña acompañada dunha amiga.

Segundo relatou, a agresión produciuse unha vez que a súa amiga abandonou o taxi ao chegar á súa casa. O taxista, nun momento dado, detivo o vehículo e fíxolle comentarios relativos ao seu físico e o seu vestido. Despois acariñoulle unha perna, tentando baixarlle a parte superior da súa roupa, e propúxolle un acto sexual cunha oferta: se aceptaba, non lle cobraría a carreira.

O taxista, segundo a menor, desistiu da proposición cando a menor finxiu unha chamada co seu móbil á súa nai. Levouna ata a dirección que lle pedira e ao baixar díxolle: «Non me busques un problema».

Houbo unha segunda vítima, tamén menor de idade, nunha ocasión pediulle que lle dese un bico.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES