jueves, mayo 9, 2024
InicioPenínsula e mundoEspañaO Rey Felipe Vi inicia unha nova rolda de contactos o luns...

O Rey Felipe Vi inicia unha nova rolda de contactos o luns para propoñer ao candidato á presidencia do goberno

O galego Alberto Núñez Feijóo non conseguiu o apoio da maioría do Congreso dos Deputados e agora é a quenda do xefe do Estado, o Rey Felipe VI, que iniciará o luns 2 de outubro unha nova rolda de contactos. O obxetivo é propoñer a un candidato para que se postule como presdiente do Goberno. Todo apunta a que será o socialista Pedro Sánchez, ao quedar en segunda posición nas eleccións xerais do pasado mes de xullo.

O primerio que acudirá á reunión co xefe do Estado será o líder de Unión del Pueblo Navarro, Javier Esparza. Seguiralle Cristina Valido, representante de Coalición Canaria e Aitor Esteban polo Partido Nacionalista Vasco.

A galega Yolanda Díaz reunirase con Felipe VI ese mesmo luns pola tarde, como líder de Sumar e máis tarde, o líder da extremadereita Santiago Abascal.

O Rey Felipe VI empraza ao socialista Pedro Sánchez para o martes 3 de outubro así como ao líder do Partido Popular, o galego Alberto Núñez Feijóo.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES