sábado, abril 27, 2024
InicioNewsNigrán adxudica un novo plan de asfaltados en 33 rúas do municipio...

Nigrán adxudica un novo plan de asfaltados en 33 rúas do municipio por máis de medio millón de euros

- Entre elas, figuran Don Marcial e Mámoa en Priegue; Cacholeiro ou Escontriño en Panxón; Montecastelo, Cabaleiros e Das Agullas en Parada ou Pontillón, Sarmiento, e Valle Incán en San Pedro. Estes engádense aos realizados a inicios de ano en 51 estradas das 7 parroquias ou á humanización da rúa Mestra Emérita

O Concello de Nigrán emprendera nas próximas semanas un novo plan de asfaltados que comprenderá a 33 rúas de todo o municipio cun investimento de 515.353,77 a cargo do Plan Concellos 2022. Estes súmanse aos realizados a inicios de ano en 51 estradas das 7 parroquias cun custe de 633.127 € ou ás humanizacións da rúa Mestra Emérita (309.127 €) e Otero Pedrayo (en curso, 1’3 millóns). Entre as novas, figuran algunhas especialmente demandadas pola veciñanza, como poden ser Don Marcial e Mámoa en Priegue; en Parada, Montecastelo e Das Agullas (acceso ao CEE Juan María) ou Pontillón en Vilariño.

«Seguiremos sumando máis plans ata chegar a todas as rúas que o precisen; no que vai deste ano acadamos case cen estradas, un fito que nunca se deu na Historia de Nigrán, e así continuaremos», explica o alcalde, Juan González, en referencia a este investimento total de 2,6 millóns de euros en 86 rúas en menos de 6 meses. «Este goberno non asfalta para as campañas electorais, este goberno asfalta durante todo o seu mandato para mellorar a calidade de vida de toda a veciñanza e a seguridade viaria do municipio», insiste.

Estas 33 estradas seleccionadas teñen en común o mal estado do firme coa conseguinte demanda de renovación por parte da veciñanza. Así, segundo recolle o proxecto redactado polo enxeñeiro Roberto Aya, todas estas rúas se atopan en moi mal estado de conservación e a solución adoptada é un reforzo do firme cunha nova capa de aglomerado asfáltico (existen tramos destes camiños en terra, así que o cambio será aínda máis substancial). Ademais, renovarase a sinalización horizonal e se intalarán reductores de velocidad nos tramos máis sensibles. «En definitiva, suporá un cambio radical na mellora da seguridade viaria de estas estradas e na propia calidade de vida de cada barrio», resume o rexedor.

Os caminos que comprenden este plan de asfaltados son 8 de Priegue (rúa da Cova, Outeiro, Eidos, Don Marcial, Recosto-Penedo, Camiño do Monte e Mámoa); 5 de Panxón (Costa da Barxa, Patos-Camiño da Fonte, Cacholeiro, Escontriño e Zoila); 6 de Nigrán (Teixugueira, Pedregal, Piñeiro-Nogueira, Pombal, Torriña e Cabalo); 9 de San Pedro (Praia América, Carballal, Igrexa, rúa da Foz, Sarmiento, Ana Isabel Costas, Valle Inclán, Torrente Ballester e Pontillón) e, finalmente, 4 de Parada (Agullas, Casanova, Igrexa e Cabaleiros).

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES