lunes, mayo 27, 2024
InicioComarcasÁrea de VigoVolve o mercado ambulante dos domingos ao Porriño

Volve o mercado ambulante dos domingos ao Porriño

- Retómanse as feiras do primeiro domingo de cada mes e celébranse na rúa Leandro Diz, en horario de tarde

Logo do parón no mes de agosto debido ás altas temperaturas e á baixa participación, detectada xa en xullo, as feiras do primeiro domingo de cada mes volven ao Porriño. Deste xeito, o vindeiro domingo 3 de setembro haberá mercado ambulante na vila do Louro.

Os postos instalaranse, como de costume, na rúa Leandro Diz en horario de tarde, dende ás 16.00 ata as 21.00 horas. Xa no mes de outubro, e ata maio, rematará unha hora antes, ás 20.00.

Esta cita mensual súmase á semanal de tódolos martes.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES