domingo, abril 28, 2024
InicioNewsMilleiros de persoas pechan a sesaxésima cuarta edición da Festa do Viño...

Milleiros de persoas pechan a sesaxésima cuarta edición da Festa do Viño degustando os caldos do Condado

- Durante os tres días que durou a festa o público tivo a oportunidade degustar os viños e a gastronomía con música de diferentes estilos

Os días 25, 26 e 27 de agosto Salvaterra de Miño celebrou a LXIV Festa do Viño do
Condado do Tea coa visita de público que proviña non só da nosa provincia senón
doutros puntos da comunidade e tamén da península.


Dende a inauguración da festa o venres 25 sucedéronse actividades diversas nas que non
podía faltar a música cos grupos folclóricos e de baile de Salvaterra de Miño, charangas
e coas actuacións de Lucky Duckies, A Roda, SondeSeu, Fanfarria Taquikardia, O Fiadeiro,
La Sombra de Justine e La Patrulla. Previamente á inauguración foron moitos curiosos do
viño e afeccionados os que puideron degustar os caldos nas catas comentadas que
ofreceron as adegas e tamén no Túnel do Viño que nesta terceira edición duplicou a súa
participación.


O domingo no acto de nomeamento de novos cofrades descubrimos tamén os viños
deliciosos do ano que foron os seguintes: na categoría de Rías Baixas Tintos Terras do
Sur, na categoría Albariños Aravo, Eido da Fonte e La Val e na categoría Rías Baixas
Condado Señorío de Rubiós, Piñeiral Señorío de Rubiós e Arbastrum. A continuación o
pregoeiro e novo cofrade o humorista, presentador e actor Roberto Vilar fixo lectura do
pregón co recinto amurallado cheo de xente que continuo a festa durante o resto da
xornada.


Ó peche da Festa do Viño do Condado do Tea supón o final do Verán Cultural que un
ano máis aumentou as actividades para tódolos públicos e que sigue sendo referente na
nosa comarca.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES