miércoles, mayo 8, 2024
InicioActualidadeCulturaO grupo de teatro Dramiño estrea en Salvaterra a obra “Unha cuestión...

O grupo de teatro Dramiño estrea en Salvaterra a obra “Unha cuestión de vida ou morte”

- A obra escrita polo salvaterrense Ángel Vidal conta con 14 actores do noso municipio e de Ponteareas

A Casa da Cultura de Salvaterra de Miño acolle a vindeira semana a estrea da obra de
teatro “Unha cuestión de vida ou morte. Unha comedia de ultratumba”. O grupo de
teatro Dramiño formado por 14 mulleres e homes de Salvaterra de Miño e Ponteareas
porá en escea a obra o venres 8 de setembro ás 21:30h.


Ángel Vidal de Salvaterra de Miño é o autor da obra que dirixe con outros membros da
compañía Dramiño e da que achegan a seguinte sinopsis: “Ás veces un accidente pode
levarte a traspasar a fronteira entre a vida e a morte. Pero é mellor tomalo cun pouco de
humor. Un asasinato, unha investigación policial e uns seres doutro mundo. Estás
convidado ao purgatorio!!”.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES