sábado, abril 27, 2024
InicioNewsO Concello de Nigrán asigna 5.000 € ao programa 'Música nas Parroquias'...

O Concello de Nigrán asigna 5.000 € ao programa ‘Música nas Parroquias’ para a organización das festas do Bon Xesús de Priegue, ao non existir unha Comisión de Festas

- A celebración terá lugar desde o venres 1 de setembro ao domingo 3 e inclúe actuación de Djs o venres e verbena a noite do 2 ao 3 con grupo Alabama

O Concello de Nigrán organiza, xunto cun grupo de rapaces novos do municipio, a celebración das festas do Bo Xesús de Priegue, do venres 23 de agosto ao domingo 25, achegando 5.000 € a través da iniciativa ‘Música nas Parroquias’. Este programa municipal finánciase con fondos propios e unha aportación a través da liña 2 do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e conta cun orzamento total de 60.000 € que se distribúen entre todas as festas patronais de Nigrán, ben para contratar bandas de música ou orquestras.

A festa do Bo Xesús, a única do municipio que non conta con Comisión de festas, arranca no Torreiro de festas o venres 1 de setembro gracias a proposta dun grupo de xóvenes músicos, a maioría de Nigrán, como PVLEE, El FFF, La Huerita, Marco Tiedra, Rafita, Ganxx, Anxo Silva ou Beauty Pikete. O sábado dous será a Orquesta Alabama a que centrará a víspera e a noite do Bon Xesús e o domingo día 3 procesión e concerto coa Banda de Música de Belesar.

«Volvemos a colaborar coas entidades festeiras e veciñais para garantir a pervivencia das festas tradicionais de Nigrán porque son os verdadeiros días de celebración conxunta da veciñanza e de ledicia en cada parroquia”, resume o alcalde, Juan González.

O programa municipal ‘Música nas Parroquias’ colaborou xa coas festas do Santísimo Cristo da Victoria en Chandebrito, San Antonio dfe Vilariño, San Xoan de Panxón, San Pedro da Ramallosa, Santiago de Parada, Carme de Lourido, A Saúde de Parada, San Fiz de Nigrán, Virxe das Angustias, San Roque de Camos e, finalmente, no Bo Xesús de Priegue.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES