sábado, diciembre 14, 2024
InicioNewsO alcalde da Cañiza recibe no Concello aos oficiais da Brigada «Galicia...

O alcalde da Cañiza recibe no Concello aos oficiais da Brigada «Galicia VII» encargados do operativo despregado na localidade

- Trátase dunha operación de reforzo para loitar e previr os incendios forestais, posta en marcha o pasado 15 de agosto e activa ata o vindeiro 30 de setembro

O Xefe de Zona, Capitán Braulio Noel Fernández, o Oficial de Enlace Teniente Julio César Mata Reyes e o soldado José Esteve Campello, da BRIGADA «GALICIA VII» de Pontevedra,  informaron ao Alcalde sobre esta Operación, que agora cumpre 17 anos e que permanecerá activa ata o 30 de setembro, co despregamento inicial de 30 patrullas terrestres nas zonas da Galicia con maior actividade incendiaria. Unha delas nas comarcas do Condado – Paradanta, cunha das sedes na Cañiza que integra todos os Concellos do Distrito XVII e o Concello de Melón, pertencente ao Distrito XI Ribeiro – Arenteiro.

Ademais das labores de vixiancia continua, os efectivos militares despregados están realizando unha importante acción de disuasión, visibilidade e identificación dos potenciais incendiarios. Tamén informarán á nosa poboación do perigo que supón a queima non controlada de rastroxos.

Na reunión desta mañá, o Alcalde agradeceu a “esencial labor que o Exército leva desenvolvendo nestes 17 anos na loita contra os incendios, corroborado polas estadísticas que marcan un importante descenso dos incendios nos nosos montes”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS