sábado, diciembre 7, 2024
InicioNewsA Garda Civil investiga ao condutor dun ciclomotor por un delito de...

A Garda Civil investiga ao condutor dun ciclomotor por un delito de tráfico de drogas

- A Garda Civil investiga por un delito de tráfico de drogas ao condutor dun ciclomotor que circulaba por Bueu

A patrulla que se atopaba de servizo de seguridade cidadá, mentres realizan un control de vehículos e persoas, dan o alto a un ciclomotor e, tras un rexistro superficial ao condutor, incáutanselle 70 dose dunha substancia que aparenta ser cocaína e 21 dose de suposta
heroína, así como diñeiro fraccionado en distintos billetes.


Trasládase ao home, en calidade de investigado ao cuartel da Garda Civil de Marín, onde levan a cabo as correspondentes dilixencias.


Trátase dun veciño de Bueu, de 48 anos, con antecedentes por tráfico de drogas.

As dilixencias, xunto coa droga intervida, serán postas ao dispor do Xulgado de Garda de Marín.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS