sábado, diciembre 14, 2024
InicioNewsSalvaterra organiza un sobre "Toma de decisións e intelixencia emocional"

Salvaterra organiza un sobre «Toma de decisións e intelixencia emocional»

- Dirixido a rapaces e rapazas de entre 15 e 21 anos

O Concello de Salvaterra de Miño en colaboración coa ANPA Chan da Ponte do
IES Salvaterra de Miño lanzan un obradoiro dirixido a mozos e mozas de idades
comprendidas entre os 15 e 21 anos baixo o título “Toma de decisións e
intelixencia emocional”.


A través deste módulo práctico e dinámico búscase que os participantes
aprendan a tomar decisións e a identificar emocións de xeito que adquiran as
ferramentas necesarias para a xestión emocional que precisan no día a día.


O obradoiro, que é gratuíto, ten prazas limitadas polo tanto respectarase a orde
de inscrición segundo recepción e impartirase na Casa do Conde en dúas
sesións no día 7 de setembro en horario de 09:15 a 14:00 h. Os interesados e
interesadas en participar deberán inscribirse antes do 28 de agosto a través do
correo electrónico comunicacion@concellodesalvaterra.org indicando o seu
nome, apelidos e teléfono.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS