domingo, febrero 25, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoGran participación nas Rutas de Artes e Oficios de Tomiño

Gran participación nas Rutas de Artes e Oficios de Tomiño

- Arredor de 60 persoas achegáronse aos tres roteiros, que visitaron o Viveiro da Barxa, Cítricos Rías Baixas e o Obradoiro de madeira Vikensen

O patrimonio cultural e artístico de Tomiño volveu ser o protagonista das Rutas de Artes e Oficios, que este ano visitou o Viveiro da Barxa, Cítricos Rías Baixas e o Obradoiro de madeira Vikensen. Estas rutas son unha cita xa consolidada de cada verán, e este ano gozou dunha grande acollida por parte da veciñanza.

Na primeira das visitas, ao Viveiro da Barxa, as e os asistentes coñeceron polo miúdo da man do seu Xerente, as instalacións e o traballo neste espazo de cultivo de gramíneas ornamentais. O segundo roteiro visitou as fincas de Cítricos Rías Baixas en Barrantes, onde as persoas participantes puideron coñecer e saborear os froitos que alí se cultivan. No terceiro roteiro, visitouse o Obradoiro de torneado en madeira Vikensen en pequenos grupos, para descubrir como se traballa a madeira de forma totalmente artesanal. A alta demanda do terceiro roteiro, e o espazo reducido do obradoiro, obrigou a facer un grupo de agarda para futuras visitas.

O Concello de Tomiño organiza desde 2017 estas Rutas de Artes e Oficios, co obxectivo de poñer en valor a riqueza patrimonial e cultural do municipio. Así, cada verán percórrense diferentes empresas tomiñesas, a través de visitas guiadas e de balde, nas que o público descubre o patrimonio e mais o talento locais.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES