sábado, julio 27, 2024
InicioNewsComarcasO Concello de Mos porá en marcha un novo curso sobre uso...

O Concello de Mos porá en marcha un novo curso sobre uso da tecnoloxía móbil para maiores

Desde a Axencia de Colocación do Concello de Mos e concretamente desde a concellería de Participación Cidadá que dirixe a edil Julia Loureiro infórmase da organización dun novo Taller: Expertclick de uso de apps móbiles para Maiores de Mos para o que xa se atopa aberto o prazo de inscrición.

Impartirase en dúas datas do vindeiro mes de setembro: 25/09/2023 de 16:00 a 18:00 (Sesión 1) e 26/09/2023 de 16:00 a 18:00 (Sesión 2) en modalidade presencial.

Expertclick é un programa de formación para achegar ás persoas maiores de 55 anos as ferramentas necesarias que lles permitan aproveitar plenamente as vantaxes que brindan as novas tecnoloxías co fin de aumentar a súa calidade de vida.

Nos cursos gratuítos presenciais e en liña, os maiores aprenden a navegar con seguridade e confianza por Internet e a utilizar o seu teléfono móbil ou tablet para comunicarse por videoconferencia, facer xestións co seu banco, pedir unha cita médica, comprar en liña ou aproveitar o seu tempo de lecer creativo na rede.

O obxectivo é aumentar a súa independencia e autonomía persoal á hora de comunicarse, realizar trámites e participar de forma activa na sociedade, mellorando así a súa autoestima e favorecendo un envellecemento activo e saudable.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES