Correos vén de anunciar que xa é posible solicitar o voto por correo para as Elecciones Generales que terán lugar o domingo 29 de novembro.
Os electores que decidan votar por correo poderán solicitar ata o 19 de novembro (inclusive) o Certificado da súa inscripción no Censo Electoral correspondente. A obtención deste certificado é requisito imprescindible para poder emitir o voto por correspondencia e pode solicitarse, por vía telemática a través da web www.correos.es ou presencialmente en calquera oficina de Correos de España.
Para solicitar este Certificado de forma online, as persoas interesadas deben acreditar a súa identidade mediante firma electrónica e aceptándose como sistemas de identificación válidos os certificados de persoa física recoñecidos polo Ministerio de Industria e o DNI Electrónico.
No caso de solicitalo de forma presencial, a petición debe ser realizada persoalmente por cada elector, salvo caso de enfermidade ou discapacidade (previamente acreditada). No momento de formular a solicitude, os interesados deben acreditar a súa identidade presentando o DNI, pasaporte ou carnet de conducir orixinais.
Co obxectivo de axilizar os trámites e evitar esperas, a compañía ofrece a opción de cita previa para a solicitude do voto en oficinas, a través da app, a web de Correos ou a Oficina Virtual. Para iso, o elector tan só debe seleccionar a oficina dispoñible que teña cita previa e, por último, escoller a data e hora que mellor lle conveña.
Correos entregará as solicitudes recibidas nas Delegacións Provinciais da Oficina do Censo Electoral, quen enviarán aos solicitantes, a partir do 9 de noviembre, a documentación precisa para que poidan exercer o voto por correo.
Dende Correos, recordan ademais que as persoas que soliciten o voto por correo recibirán na dirección que indiquen na solicitude, que non ten por que coincidir co seu domicilio habitual. O prazo de depósito do voto por correo finalizará o 25 de novembro.

