sábado, julio 27, 2024
InicioComarcasÁrea de VigoO Concello de Nigrán inviste 4.000 euros en material para os postos...

O Concello de Nigrán inviste 4.000 euros en material para os postos de socorrismo nas praias

O Concello de Nigrán ven de investir 4.000 € na renovación do material de apoio dos 4 postos de socorrismo das praias do municipio. En concreto, o Concello adquiríu por 2.200 € unha cadeira anfibia mariña para facilitar o baño das persoas con problemas de mobilidade (estes baños se ofrecen de 12:30 a 20:00 horas no posto de Praia América a través de Protección Civil). Adicionalmente, substituíronse as cinco padiolas de cadanseu punto por outras novas e mercáronse dúas neveiras con conxelador.

«Todo o material que comprou o Concello foi para substituír ao que había ata agora porque estaba xa moi obsoleto e degradado despois de décadas de uso e así nolo transmitiron desde Protección Civil, que son os responsables dos postos xunto aos socorristas», explica o alcalde, Juan González.

Adicionalmente, no pasado pleno ordinario do mes de Xullo o goberno de Nigrán aprobou en solitario conceder unha axuda directa de 10.000 € á Asociación de Voluntarios de Protección Civil Val Miñor co fin de subvencionar aos seus membros a realización do curso oficial de socorrismo en espazos acuáticos naturais (certificado obrigatorio para poder exercer como tal). «O Concello é o principal interesado en que obteñan esta titulación porque cada no demandamos socorristas para as nosas praias e, precisamente, por este motivo, durante anos ofrecemos nos mesmos o curso de xeito gratuíto porque non era fácil atopar profesionais», incide o alcalde, Juan González.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES