domingo, mayo 19, 2024
InicioNewsComarcasO Son da Muralla volve a Salvaterra este sábado

O Son da Muralla volve a Salvaterra este sábado

- Este sábado 5 de agosto volve O Son da Muralla cun elenco de dj ́s nacionais e do panorama internacional

Todo está listo para recibir este sábado o público no recinto amurallado de Salvaterra de
Miño. A pasada semana a alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, e a concelleira
de Cultura, Lorena Soto, mantiveron unha reunión con Garda Civil, Policía e Gardas
Xurado para organizar o operativo do evento. Tal e como salientou Marta Valcárcel
“trátase dunha festa que crece cada edición e que require especial adicación para
garantir a seguridade do público asistente”. Por todo iso, coordinanse ós equipos de
seguridade, voluntarios e sanitarios ante calquera situación posible, cun protocolo activo
en casos de acoso.

O Son da Muralla xa é un referente en Galicia posto que é o festival dj máis grande ó aire
libre. O pasado ano foron 13.000 as persoas que se achegaron ata o recinto e prevese
que nesta edición o festival continúe crecendo. O elenco de artistas fórmano DaniJay, DJ
Charlie, Jorge Álvarez, DJ Canhon, Floorfilla, Marsal Ventura e Sara Santini nun
espectáculo con entrada gratuíta no que haberá 6 pantallas retransmitindo en directo
ademais de 66.000 vatios de son e 70.000 de luz.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES