sábado, julio 27, 2024
InicioComarcasÁrea de VigoO PP de Nigrán reclama unha solución para o problema de tráfico...

O PP de Nigrán reclama unha solución para o problema de tráfico creado tras a apertura do «Leiraparking»

O Partido Popular de Nigrán, liderado pola súa portavoz municipal, María José Pino, esixe solucións ao problema de tráfico xerado polo novo «Leiraparking». Critican a falta de planificación do goberno socialista do Concello de Nigrán, que levou ao peche do antigo aparcadoiro sen unha alternativa adecuada. A apertura do novo estacionamento realizouse sen o informe da Policía Local, o que causou caos nas rúas Alcalde Manuel Alonso e Vilameán. O PP propón establecer un dobre sentido de circulación na Rúa Vilameán para resolver o problema. A portavoz municipal do PP, María José Pino, sinala que é unha mostra máis da incompetencia do goberno municipal na súa xestión.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES