sábado, julio 27, 2024
InicioNewsComarcasArbo renovará o abastecemento de auga na parroquia de San Cristovo de...

Arbo renovará o abastecemento de auga na parroquia de San Cristovo de Mourentan

O Concello de Arbo tramitou ante a Dirección Xeral da Administración Local, unha
achega para a obtención dunha subvención 39.959,97 € (IVE do 21% incluído que
ascende a 6.935,20 €), para a actuación denominada “RENOVACIÓN DE RED DE
ABASTECIMIENTO EN CUARTO TRAMO DESDE AS CORVACEIRAS HASTA
PORTELA, PARROQUIA DE SAN CRISTOVO DE MOURENTAN, ARBO”
Ante a intención de tramitar estas obras que teñen un importe de contratación de
39.959,97 e o desexo de esta administración de arranxar as problemáticas no barrio
do Cuarto-Mourentan co abastecemento, e decide renovar a tubaxe existente, entre a
arqueta 5 e a arqueta 7, mediante a reposición da mesma, repoñer as válvulas de
corte, as válvulas redutoras de presión e unha nova ventosa trifuncional (instalada nun
novo pozo nun punto alto) e ademais, renovar as acometidas domiciliarias.

AS OBRAS A REALIZAR
As obras consistirán na construción dunha rede abastecemento de subministración de
auga potable para substituír á actual rede de abastecemento en mal estado.
Realizaranse os correspondentes replanteos para definir o trazado adecuado da nova
rede e para manter o servizo ata a finalización dos traballos e poida cambiarse a
subministración á rede reposta. A tubaxe existente discorre principalmente polo lado
dereito do camiño en sentido cara ao núcleo de Portela. Aínda que nas proximidades
da arqueta na que está situada a ventosa, a tubaxe cruza o vial, pasando a estar pola
marxe esquerda. A tubaxe nova instalarase evitando coincidir coa que está instalada, de tal forma que non se produzan afeccións á subministración de auga na zona,
mantendo a tubaxe existente sempre en servizo ata que ao final da obra realícense as
conexións coa nova condución.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES