jueves, mayo 16, 2024
InicioNewsUn total de 30 unidades do Exército súmanse os efectivos antiincendios da...

Un total de 30 unidades do Exército súmanse os efectivos antiincendios da Xunta no marco da Operación Centinela Gallego

- O dispositivo conta tamén con drons despregados polo territorio e cámaras de última xeración na rede de vixilancia fixa, provistas dunha tecnoloxía especialmente deseñada para exteriores e vixilancia forestal

Un total de 30 patrullas do Exército e dous equipos de mantemento móbil súmanse aos efectivos antiincendios da Xunta para reforzar a vixilancia, a disuasión e a identificación dos potenciais axentes dos lumes forestais. Así o destacou o conselleiro do Medio Rural, José González que, acompañado por Manuel Rodríguez, director xeral de Defensa do Monte, e o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, presidiu hoxe a presentación das tropas da Operación Centinela Gallego, no marco dun convenio entre o Goberno galego e o Ministerio de Defensa.

No acto, o conselleiro destacou que 30 patrullas terrestres e dous equipos de mantemento móbil se despregarán nos montes galegos no marco deste operativo, que se renova un ano máis. O obxectivo é que a presenza de medios militares contribúa a atallar lumes e actividades incendiarias, ao supor un aumento do número de efectivos sobre o territorio, co consecuente reforzo da vixilancia e da disuasión.

Nesa liña, o titular do Medio Rural lembrou que os efectivos das Forzas Armadas se incorporan ao operativo co obxectivo de mellorar a seguridade das persoas e dos bens e, en xeral, a protección e defensa da riqueza forestal da nosa comunidade fronte a ameaza dos lumes. Dentro deses efectivos, contamos coa Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO), creada no ano 2021, que traballa para esclarecer as circunstancias dos lumes.

No eido tecnolóxico, o dispositivo conta con drons despregados polo territorio e cámaras de última xeración na rede de vixilancia fixa, provistas dunha tecnoloxía especialmente deseñada para exteriores e vixilancia forestal que é capaz mesmo de identificar matrículas de vehículos nas pistas.

Ademais de agradecer o labor de todos os efectivos contra o lume que operan baixo o mando único da Xunta, José González aproveitou para volver apelar á prudencia e á colaboración cidadá. Nesa dirección, lembrou que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar en caso de detectar algún lume forestal. Así mesmo, está dispoñible o teléfono anónimo e gratuíto 900 815 085, para denunciar calquera actividade incendiaria delituosa da que se teña sospeita ou coñecemento.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES