viernes, mayo 17, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoO PP de Tui nega ser o responsable das pancartas cunha enquisa...

O PP de Tui nega ser o responsable das pancartas cunha enquisa sobre se Tui se está a converter nunha «cidade morta»

- O PP de Tui rexeita o ataque do Alcalde "por non aprobar o aumento das retribucións do equipo de goberno"

«En primeiro lugar, debemos deixar claro que nin o PP de Tui nin ningunha das persoas que o integran teñen relación algunha coa mencionada actuación. O PP de Tui dispón das canles necesarias para consultar a opinión da cidadanía sobre os temas que lle preocupan, e o fai de cotío en cada barrio e parroquia sen necesidade de recurrir a medios como o referido».


Por outra banda, «os desacordos existentes entre o PP de Tui e o equipo de goberno local sobre numerosos asuntos que afectan á cidade son sobradamente coñecidos. Ningún sentido tería que o PP de Tui recurrise ao anonimato para poñelos no centro do debate cando o fai públicamente en cada pleno ou comparecencia».


«Dito o anterior, dende o PP de Tui queremos resaltar o dereito de toda a cidadanía a expresarse libremente e a manifestar as súas inquietudes e mesmo críticas aos gobernantes, sempre co máximo respeto á legalidade e á orde pública. Cremos tamén que ese dereito á libre crítica esixe dos gobernantes criticados unha certa altura de miras, afastada da permanente sensación de que todo desacordo é un ataque persoal que merece vinganza», din os populares.


Neste sentido, para o PP de Tui resulta «indignante» que a primeira reacción do Alcalde de Tui fronte a esta crítica, «que él mesmo califica de privada e lexítima, sexa acusar directa e persoalmente ao líder do PP de Tui».


«O motivo real desta nova acusación por parte do Alcalde é claro: a negativa do PP de Tui a aprobar o aumento das retribucións do equipo de goberno proposto polo Alcalde, e según a cal se pasaría de dúas a cinco dedicacións exclusivas sen xustificación lexítima algunha».


«Debemos recordar que o PP de Tui é o único partido que ata o momento mostrou a súa disposición para aprobar as mesmas dedicacións e soldos que o actual Alcalde propuxo no anterior mandato, incrementados co IPC», manifestan.


«A capacidade de dialogar e de chegar a acordos é unha virtude básica na política, que se volve indispensable cando se goberna en minoría. O PP de Tui non é responsable da incapacidade do Alcalde para chegar a un acordo sobre este asunto con ningún outro partido», rematan dicindo.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES