lunes, octubre 14, 2024
InicioNewsA RaiaConcerto flotante entre as beiras do Miño para inaugurar o Festival IKFEM

Concerto flotante entre as beiras do Miño para inaugurar o Festival IKFEM

- Espéranse milleiros de asistentes ao espectáculo inaugural da 11ª edición

A undécima edición de IKFEM arrinca mañá xoves 20 de xullo cun espectáculo inédito en Galicia: o PIANO FLUTUANTE DELPHINE COUTANT interpretará á tardiña sobre o río Miño a obra ¨Dois Sistemas Solares¨. Unha estrutura flotante, iluminada, sobre as augas do río sobre a cal dous artistas -ao piano, violoncelo e trombón- interpretan unha obra que navega entre a mini ópera pop e a traxedia antiga. A artística tripulación -o grupo “Fossilis Fulgor”- embarcará ao espectador nunha viaxe interestelar.

Nun principio o concerto debíase levar a cabo no Paseo Fluvial de Tui, pero as correntes do río nestes días fixeron cambiar a localización e, finalmente, o concerto terá lugar na Mariña de Tui. Alí os espectadores poderán instalarse sobre o céspede da beira do río e ao longo da chaira que o rodea para ver e escoitar este concerto que se estrea por primeira vez en Galicia e Portugal.

A alma mater deste grupo é Delphine Coutant, una artista que á quen lle gusta definirse como unha trobairitz (muller trobadora) do século XXI. Poetisa, compositora, música, pero tamén no seu día traballadora do sal, a súa obra nútrese dun forte vencello coa natureza. Concertos empoleirados en árbores notables, un festival salgado no corazón das salinas ou unha transhumancia flotante con ‘Le piano du Lac’, desenvolve unha rede de distribución insólita en total harmonía coa súa poesía e en consonancia co seu desexo de realizar xiras máis respectuosas co medio ambiente.

O equipo artístico está composto pola pianista Delphine Coutant, Daniel Trutet ao violoncelo e Jenny Violleau, trombón. O conxunto conta ademáis cun submarinista, Miguel Barrios, o técnico de son Alban Sulejmanoski e Typhaine Flores.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS