domingo, mayo 19, 2024
InicioNewsA Xunta licitara a construción de 38 vivendas de promoción publica en...

A Xunta licitara a construción de 38 vivendas de promoción publica en San Paio de Navia

- As empresas interesadas en presentar as súas ofertas poderán facelo ata o vindeiro 15 de setembro

 A Xunta de Galicia licitou hoxe a obra de construción de 38 vivendas de promoción pública na primeira fase da ampliación de San Paio de Navia, no concello de Vigo, por preto de 7,2 millóns de euros a executar nas anualidades 2023, 2024 e 2025. 

As empresas interesadas en presentar as súas ofertas poderán facelo ata o vindeiro 15 de setembro.

Trátase das primeiras vivendas que se licitan no polígono 1 da ampliación deste barrio residencial da cidade de Vigo, onde o Instituto Galego da Vivenda e Solo ten previsto construír un total de 207 vivendas, cuxos proxectos de obra están xa en redacción ou licitados.

O inmoble, que se empraza na parcela M-IVA-10 e ten unha superficie de 1.297 metros cadrados, disporá de tres plantas subterráneas, onde se situarán os garaxes, as instalacións e algúns dos rochos, e unha planta baixa, onde se localizarán os dous portais de acceso ás vivendas, o resto dos rochos, os locais comunitarios, cuartos de instalacións e os espazos destinados a almacenamento de residuos.

Nas tres plantas altas haberá 30 vivendas -10 en cada unha delas- e na planta de ático situaranse 8 vivendas. Dese total, 20 serán de 3 dormitorios -das que 2 estarán adaptadas para persoas con mobilidade reducida- e 18, de 2 dormitorios. A maiores, o inmoble contará con 70 prazas de garaxe -2 accesibles- e 38 rochos -2 accesibles-.

As vivendas de 2 dormitorios oscilarán entre os 72 e os 79 m2 de superficie útil as de 3 dormitorios entre os 90 e os 91 m2. As dúas vivendas adaptadas para persoas con mobilidade reducida, que se emprazan no ático, terán una superficie útil de 101 m2.

A edificación das vivendas realizarase simultaneamente coas obras de urbanización do polígono 1 de San Paio de Navia.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES