lunes, octubre 14, 2024
InicioPenínsula e mundoGloboNenos saharauís pasarán este verán en Galicia no marco do programa "Vacacións...

Nenos saharauís pasarán este verán en Galicia no marco do programa «Vacacións en Paz»

- O presidente da Xunta deulle a benvida aos nenos e nenas saharauís no aeroporto de Vigo e a conselleira de Política Social e Xuventude recibiunos en Santiago de Compostela

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, recibiu no aeroporto de Peinador, en Vigo, a un grupo de nenos e nenas saharauís que chegaron a Galicia para pasar o verán con familias de acollida, no marco do programa ‘Vacacións en Paz’ polo que 232 nenos desa procedencia pasarán a época estival con unhas 200 familias de acollida procedentes de ata 86 municipios galegos.


Rueda destaca o compromiso e a solidariedade das familias galegas, que se demostra, un
ano máis, ao contribuír a que estes nenos e nenas desfruten do verán galego e teñan unha
experiencia que lembrarán para sempre. Neste senso, comprometeuse a dispensarlle ás
familias de acollida todo o apoio que precisen.


O presidente da Xunta intercambiou palabras agarimosas cos pequenos, interesándose
por como fora a viaxe e as expectativas e ilusións que teñen para estas semanas en
territorio galego, ademais de reiterarlles que Galicia “é a vosa casa”. Algúns veñen por
primeira vez e outros repiten experiencia de anos anteriores.


Recepción da conselleira de Política Social e Xuventude en Santiago
Logo da benvida no aeroporto, os nenos saharauís que teñen como destino algún dos
concellos da provincia da Coruña, desprazáronse ao Multiusos Fontes do Sar, en Santiago
de Compostela, onde os agardaba a conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola
García, para reiterarlles o desexo de que teñan unha boa estancia en Galicia.


A conselleira agradeceu o labor indispensable das familias que deciden “acoller nos seus
fogares e nos seus corazóns” a estes nenos e nenas e que son “a alma deste programa”, e
tamén tivo palabras de agradecemento para a Asociación Solidariedade Galega co Pobo
Saharauí, a quen destacou como o gran motor da iniciativa.


Fabiola García salientou que estas actuacións deixan claro que Galicia é unha terra
solidaria con aqueles que o precisan, como se demostrou, por exemplo, na crise de
refuxiados afgáns, coa axuda ás familias que foxen da Ucraína e agora, un ano máis,
acollendo a estes nenos para que poidan pasar unhas vacacións en paz.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS