jueves, mayo 16, 2024
InicioActualidadeCulturaAprázase o Festival Monteferro por mor da choiva

Aprázase o Festival Monteferro por mor da choiva

- O Concello de Nigrán, por mor da choiva este fin de semana, celebrará o próximo mércores e xoves o festival "Solpor Monteferro" con cinco grupos locais, a lenda do blues arxentino Claudio Gabis e con nova edición en agosto

O Concello de Nigrán desvelou hoxe o cartaz do festival ‘Solpor Monteferro’, un dos máis populares do verán na comarca e que arranca o próximo mércores e xoves coa gran novidade de repetirse en agosto (25 e 26). O evento musical une a sublime localización e vistas do miradoiro de Monteferro á tardiña coa música dalgúns dos mellores grupos locais. Neste enclave único terá lugar dende ás 20.00 horas e de xeito gratuíto os concertos de, Adrian Timms, Claudio Gabis e Black Stereo e o xoves 20 de xullo os de Carolina Rubirosa, Pati Na Má e The Bigüis. O cartaz de agosto será desvelado na mesma semana que se celebre, como é tradición. Estas dúas edicións servirán para recibir e despedir o verán.


O obxectivo é gozar da música ao aire libre e nunha contorna privilexiada, no cumio de Monteferro, un palco proxectado cara ao Atlántico sobre o máis grandioso dos escenarios. Neste enclave único, fronte ás Illas Estelas, entre as caricias da brisa mariña e os aromas de sal e monte, os “solpores” permitirán vivir experiencias musicais aumentadas: un xeito distinto de desfrutar dun concerto, cos cinco sentidos postos na contorna e sumando ao ritmo das ondas o das mellores actuacións en vivo. Solpor Monteferro é unha experiencia musical para gozar sen présa.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES